CRTVG

Buscar

O Obradoiro acada unha vitoria diante de Gran Canaria que vale media permanencia

Publicado o 18/04/2021 20:06

Na liga ACB, o Obradoiro sumou esta tarde unha vitoria que vale media permanencia, e así o festexaron os xogadores ao final, con Daum desatado.

O Obradoiro derrotou o Gran Canaria por un punto diferenza, unha mínima vantaxe que é enganosa xa que os galegos dominaron con suficiencia no terceiro cuarto e mantiveron a renda no derradeiro. É a décima vitoria no que vai de temporada para os de Moncho Fernández, vitoria acadada sen Robertson e apoiada, coma nas últimas xornadas en Enoch. O pivote segue en plan MVP: 23 puntos, 8 rebotes e 24 de valoración.

Noticias web

18/04/2021