CRTVG

Buscar

O Obradoiro acada a permanencia virtual co triunfo sobre o Andorra

Publicado o 01/05/2021 21:02

Os de Moncho Fernández lograron a undécima vitoria desta campaña ante un Andorra que non aguantou o ritmo dos santiagueses no derradeiro cuarto.

Nos dous primeiros actos, o partido estivo certamente igualado e con pequenas diferenzas a prol dos galegos. Czerapowicz marcaba o ritmo anotador e acabou con 17 puntos e 24 de valoración.

Mentres, no equipo visitante, tan so Senglin e Parakouski eran quen de soster ao seu equipo, castigado pola COVID estas semanas, igual que o Obradoiro padeceu a pandemia hai un par de meses.

Jelineck, con 8 puntos, converteuse no máximo anotador do Andorra na ACB e Beliauskas, polo bando local, foise ata os 15 puntos. Birutis axudou con 10 no día no que regresaba ao parqué do Sar Kasius Roberson.

Gañaban os de Moncho por trece no terceiro cuarto, pero nos últimos dez minutos, o atasco ofensivo dos de Ibón Navarro foi histórico. So anotaron seis puntos. Plácido final para os obradoiristas.