CRTVG

Buscar

O número total de vivendas danadas pola explosión da pirotecnia de Tui ascende a 367

Publicado o 17/01/2019 14:25

O número de vivendas danadas pola explosión da pirotecnia ilegal de Tui é superior ao que se prevía nun primeiro momento, e ascende a 367. A Xunta peritou 16 casas máis das que se tiñan cuantificado e tivo que incrementar o investimento destinado a eses labores.

Ademais, tamén se contemplan outro tipo de danos, os producidos nos vehículos que se atopaban no lugar, un total de 70.

Mentres se avalían os estragos producidos polo estoupido, continúa a retirada de entullo na zona cero, para poder reconstruír as vivendas máis afectadas.

 

Noticias web

17/01/2019