O número de vítimas da covid ascende a 2.546, tras notificarse seis falecementos
Publicado o 23/08/2021 20:45

O Sergas acaba de notificar o falecemento de seis persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con estes datos, o número de vítimas elévase a 2.546 desde o comezo da pandemia en Galicia.
O pasado día 21 falecían un home de 71 anos en Povisa (procedente do Hospital e Clínica San Rafael de Vigo), un varón de 83 anos no CHUVI e unha muller de 89 anos no HULA.
Na xornada de onte faleceron un home de 92 anos no CHOP, un varón de 73 anos no CHUAC e unha muller de 91 anos no CHOP.
Segundo informa Sanidade, todas elas presentaban patoloxías previas.