CRTVG

Buscar

O número de viaxeiros que optou polo avión descendeu un 77,1 % en febreiro

Publicado o 13/04/2021 09:15

1 %

O número de viaxeiros que optou polo avión descendeu un 77,1 % en febreiro


O número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do país descendeu un 77,1 % o pasado mes de febreiro respecto ao mesmo mes de 2020, segundo informou este martes o Instituto Nacional de Estatística.

En total, só 680.000 viaxeiros usaron o avión en febreiro para os seus desprazamentos, mentres que os viaxeiros que utilizaron o AVE sumaron 405.000 usuarios, un 76,8 % menos que en igual mes de 2020.

Segundo a estatística de transporte de viaxeiros do INE, que reflicte o impacto da pandemia no uso dos distintos medios de transporte, o número de usuarios do transporte público baixou en febreiro un 47,5 % en taxa anual, ata os 228,1 millóns de pasaxeiros.