CRTVG

Buscar

O número de usuarios de avión derrubouse un 73,9 % en xaneiro

Publicado o 11/03/2021 10:04
O número de usuarios de avión derrubouse un 73,9 % en xaneiro

O número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do país derrubouse un 73,9 % o pasado mes de xaneiro respecto ao mesmo mes de 2020, segundo informou este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En total, só 776.000 viaxeiros usaron o avión en xaneiro para os seus desprazamentos, mentres que os viaxeiros que utilizaron o AVE sumaron 382.000 usuarios, un 77,2 % menos que en igual mes de 2020.

Segundo a estatística de transporte de viaxeiros do INE, que reflicte o impacto da pandemia no uso dos distintos medios de transporte, o número de usuarios do transporte público baixou en xaneiro un 51,1 % en taxa anual, ata os 206,8 millóns de pasaxeiros.