CRTVG

Buscar

O número de falecidos volve superar os 200 diarios e os contaxios baixan ao 0,31%

Publicado o 06/05/2020 12:11

Lixeira repunta de mortos diarios segundo os datos oficiais do Ministerio de Sanidade. Aínda así, semella que haxa unha estabilización no número de falecidos diario por debaixo dos 300.

Nos últimos días víñase mantendo o número de vítimas mortais por debaixo das 200, cifra que hoxe se supera e chega ata os 244 mortos nas últimas 24 horas, fronte ás 185 de onte. As cifras máis baixas desde o día 10 de marzo rexistraronse este domingo pasado e o luns con 164 falecidos cada un destes días.

O total de persoas que morreron vítimas do coronavirus é de 25.857.

Hoxe, a porcentaxe media de España de novos contaxios baixa algo respecto de onte, un 0,31% fronte ao 0,40% do martes. O número de novos contaxios diarios é hoxe de 685 positivos por PCR, fronte aos 867 de onte. O domingo foi a primera vez que se notificou unha cifra por debaixo dos mil: 838.

O total de positivos por PCR de que dá conta o Ministerio de Sanidade é de 220.325. Deles, 44.758 son persoal sanitario, arredor dun 20% do total.

O número total de persoas que xa están curadas é de 126.002; delas, 2.516 foron notificadas onte.

Por comunidades, Cataluña é a que rexitrou onte un maior número de contaxios, 153 notificados hoxe, fronte aos 424 feitos publicos onte; os martes sempre son día de axuste. A Cataluña séguelle Madrid, con 116 positivos por PCR, 6 máis ca onte. Ceuta notificou 8 positivos por PCR e Melilla notificou cero positivos por PCR.

En canto ao número de contaxios en total desde que comezou a pandemiaMadrid segue sendo a comunidade que ten un maior número, 63.416. Séguea Cataluña, con 50.924 positivos por PCR. A comunidade con menos positivos é Murcia, con 1.498, 2 deles de onte. Murcia tamén é a comunidade que ten un menor índice de contaxios por cada 100.000 habitantes, 2,88 persoas nos últimos quince días. A comunidade que ten un maior índice de contaxios por habitantes é Castela e León, 99,14 persoas por cada 100.000 habitantes. A media de España baixou a  44,24 persoas.

As comunidades rexistran en total un maior número de mortos son Madrid, con 8.466, 44 onte, e Cataluña, con 5.345, 75 onte.