CRTVG

Buscar

Sanidade comunica unha morte pola covid−19, a menor cifra desde finais de 2020

Publicado o 10/03/2021 20:39
Sanidade comunica unha morte pola covid−19, a menor cifra desde finais de 2020

Sanidade acaba de notificar o pasamento dunha persoa diagnosticada con coronavirus. Con estes datos, a cifra total de falecementos elévase a 2.284 desde o comezo da pandemia en Galicia.

O finado é un varón de 93 anos, que falecía hoxe no CHUAC.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, o home presentaba patoloxías previas.