CRTVG

Buscar

O número de contaxios por persoa en Galicia está por debaixo da media estatal

Publicado o 10/05/2020 15:11

A mediados de marzo, cada galego infectado de coronavirus contaxiaba de media outras catro ou cinco persoas. Os últimos datos do Ministerio de Sanidade sitúan o nivel de contaxio no 0.63, a proporción é case dun infectado novo por cada dous enfermos, algo por debaixo da media española, que está no 0,74.

Este índice de reprodución do virus leva quince días por debaixo do 1 en Galicia. Xunto á estimación da velocidade de propagación da enfermidade, os expertos analizan tamén outros parámetros sanitarios, e os datos -din- convidan á esperanza. Con todo, Vázquez Lima advirte que a inmunidade de grupo é baixa en Galicia e chama á prudencia.




 

Noticias web

10/05/2020