CRTVG

Buscar

O número de casos positivos por coronavirus en Galicia baixa ata 178

Publicado o 21/07/2020 13:08
O número de casos positivos por coronavirus en Galicia baixa ata 178

Os últimos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade revelan que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 178, vinte e catro menos que os rexistrados onte, luns.

Trinta e unha das persoas infectadas por coronavirus son da área da Coruña, 106 da de Lugo, cinco da de Ourense, nove da área de Pontevedra, 18 da de Vigo e nove da de Santiago. A área sanitaria de Ferrol non ten casos de covid-19.

Do total de pacientes positivos, sete están en unidades de hospitalización e 171 no domicilio, e ningún paciente se atopa a día de hoxe ingresado en unidades UCI.

Ata o momento, en Galicia curaron un total de 11.116 persoas e rexistráronse 619 falecementos por coronavirus.

O número de probas PCR realizadas para detectar infección por covid-19 é de 235.064.

A Xunta de Galicia informa de que na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais da terceira idade.