CRTVG

Buscar

O número 2 do PSdeG insiste en sinalar os impagos de membros do Goberno municipal

Publicado o 18/11/2020 15:12

A dirección do Partido Socialista entra na crise aberta na Coruña. O número dous de Gonzalo Caballero di que o PSdeG esixirá a través dunha resolución orgánica a regularización das cotas dos edís ao partido tal e como establece o comité federal.

Desde o grupo municipal din que non hai débeda pendente e evitan entrar en cuestións internas.

A executiva galega limita os desencontros a un asunto económico interno pero non evita entrar en cuestións persoais.

Desde o PSdeG din que é un problema de ética e non avanzan posibles medidas para adoptar se non se resolve este asunto.

Noticias web

18/11/2020