CRTVG

Buscar

O Nuevo Confurco regresa a Vigo dende o Gran Sol por un posible caso de covid

Publicado o 11/08/2021 11:16
O Nuevo Confurco regresa a Vigo dende o Gran Sol por un posible caso de covid

Arestora navega desde o Gran Sol cara ao seu porto base, en Vigo, o pesqueiro Nuevo Confurco pola sospeita de que un dos seus mariñeiros estea contaxiado de coronavirus. Un dos seus once tripulantes, dos que sete son galegos, presenta síntomas compatibles coa covid, aínda que nas últimas horas o seu estado de saúde rexistrou certa melloría.

A embarcación, de bandeira española, ten previsto atracar este xoves. A semana pasada, outro buque, o Manuel Laura, chegou tamén a Vigo cun positivo a bordo procedente de Irlanda, onde se lles denegou atención médica. Finalmente, Sanidade confirmou 7 contaxiados en total.

Noticias web

11/08/2021