CRTVG

Buscar

O novo tren directo entre Vigo e Madrid non parará en Santiago nin en Vilagarcía

Publicado o 02/06/2021 14:25

O novo servizo directo que Renfe porá en marcha o próximo 14 de xuño entre Vigo e Madrid contempla tan só cinco paradas: Vigo, Pontevedra, Ourense, Zamora e Madrid-Chamartín. A viaxe realizarase polo corredor do Atlántico, polo que no seu percorrido bordeará a estación de Santago e pasará pola de Vilagarcía, iso si, sen parar en ningunha delas.

A de Vilagarcía é a estación de referencia para os veciños de toda a comarca, polo que cren importante a parada. Co plan actual, a duración da viaxe sería de 5 horas e 10 minutos. Os usuarios cren que a escala apenas afectaría a duración final.

Desde o Concello tampouco entenden esta decisión, xa que ao tratarse dun tramo en curva o tren xa ten que entrar en freada, polo que a parada non suporía unha gran perda de tempo. Teñen prevista unha reunión con Renfe para conseguir esta escala que complementaría o servizo directo que xa teñen ás 6 e media da mañá.

 

Noticias web

02/06/2021