CRTVG

Buscar

O novo test de anticorpos, unha nova arma no proceso de vacinación masiva

Publicado o 18/12/2020 14:49

O novo test de anticorpos da covid será de grande utilidade agora que vai comezar a vacinación masiva contra o virus, pois é capaz de detectar máis antíxenos que outras probas e as PCR.

A principal novidade que introduce é que ademais de detectar se a persoa está infectada, revela se padeceu a enfermidade e mesmo se foi xa vacinada.

O seu uso é hospitalario e non se pode mercar na farmacia, pero é o resultado dunha investigación española e fabrícase aquí. Ademais, o resultado desta proba obtense en dúas horas e ten unha fiabilidade de case o cen por cento.

 

Noticias web

18/12/2020