CRTVG

Buscar

O novo protocolo para a hostalería entra en vigor este mércores e as restricións serán en función de dous niveis de seguridade

Publicado o 14/09/2021 14:52

O novo protocolo para a hostalería entrará en vigor, previsiblemente, mañá mércores. Os negocios non terán que pechar aínda que empeore a situación epidemiolóxica. Os locais deberán contar con medidores de CO2, extremar a limpeza nos baños e a ventilación.

O acordo entre asociacións do sector e a Xunta establece dous niveis en función dos requisitos que cumpra cada local. E serán os propietarios os que elixan a cal acollerse. O máis estrito permitirá abrir as barras, pero unicamente para cientes sós ou cun único acompañante que sexa convivente. Neste caso, poderase usar o 75 % do espazo interior e o 100 % da terraza. No outro nivel, a barra segue pechada e a cabida no interior segue limitada ao 50 % e nas terrazas, ao 75 %.

Este protocolo aplicarase a bares, cafeterías e restaurantes. Pubs e discotecas seguen pendentes de que se acorde outro protocolo para o ocio nocturno.




 

Noticias web

14/09/2021