O novo contrato das ambulancias dobra o presuposto e inclúe seis novas unidades
Publicado o 25/04/2019 15:08
O contrato inclúe seis novas ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado: dúas medicalizadas que terán base en Monforte e na comarca do Salnés e catro de enfermería, con base en Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo.
Haberá tamén unha nova unidade de soporte vital básico no Carballiño e aumentarán o servizo ata as 24 horas as ambulancias non asistenciais de Pedrafita e Folgoso.