CRTVG

Buscar

O novo Citius avanza na intelixencia artificial

Publicado o 29/04/2019 15:45


Co gallo de avanzar en intelixencia artificial, bota a andar o novo Citius. Este centro, aínda que xa ten un percorrido de nove anos de traballos e proxectos, acaba de presetarse para unha nova etapa coa denominación de Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes.

A conselleira de Educación asistiu á presentación do novo Citius, onde anunciou a próxima publicación, previsiblemente en xuño, da nova convocatoria de financiamento dos centros singulares de investigación.

Carmen Pomar, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional: "Avanzamos sobre as novas liñas de actuación que estamos a preparar para asegurar o que é moi importante: unha nova liña de financiamento estable para os centros de investigación para o período 2019-22 e para incorporar unha serie de melloras ás axudas para a súa acreditación e para o seu financiamento".
 

Noticias web

29/04/2019