CRTVG

Buscar

O novo ano trae cambios na factura da luz: Págase segundo a hora e o día de consumo

Publicado o 01/01/2020 15:22

Neste 2020 cambia a factura da luz: págase segundo a hora e o día de consumo. Os tramos máis baratos, de noite e na fin de semana. Os máis caros, de dez da mañá a dúas da tarde e dende as seis ata as dez da noite.

Tamén hai cambios no recibo do gas natural: na tarifa de último recurso hai unha rebaixa do catro por cento.

Pola contra, este ano é máis caro mandar paquetes e cartas por Correos. O selo básico custa cinco céntimos máis. Moitos bancos anunciaron tamén subas nas comisións de mantemento das contas.


En canto á vivenda, os prezos seguirán á alza. Ata un 4% se mercamos e un 6 por cento se optamos por alugar. O goberno tamén decidiu actualizar os valores catastrais. En 22 concellos galegos, os veciños pagarán máis polo IBI.

O que seguirá conxelado mentres non haxa investidura é o salario mínimo, o soldo dos funcionarios e tamén as pensións. Por certo, atrásase dous meses a idade de xubilación: queda en 65 anos e dez meses para os que non chegan a 37 anos cotizados.

Noticias web

01/01/2020