CRTVG

Buscar

O novelista de Zanzíbar, Abdularazak Gurnah, Nobel de Literatura 2021

Publicado o 07/10/2021 16:35
O novelista de Zanzíbar, Abdularazak Gurnah, Nobel de Literatura 2021

O novelista Abdul Razak Gurná é o gañador do Premio Nobel de Literatura 2021. Así o anunciou este mediodía a academia sueca.

Da súa obra destaca a descrición que fai dos efectos do colonialismo en África, e tamén do destino dos refuxiados no abismo entre culturas e continentes. Nado en Zanzíbar no ano 1948, vive no Reino Unido desde que era moi novo. Autor de novelas como Paradise, tamén é profesor na Universidade de Kent. Este premio, o máis importante das letras a nivel mundial, está dotado con preto dun millón de euros.

 

Noticias web

07/10/2021