CRTVG

Buscar

O Ángeles Alvariño retoma a busca de Anna e Tomás Gimeno

Publicado o 14/06/2021 18:27

EFE

Ás dúas e 20 desta tarde o Ángeles Álvariño abandonaba o porto de Santa Cruz de Tenerife, logo de 2 días parado por unha avaría. Traballa na mesma zona onde apareceu o cadáver de Olivia, a maior das irmás, nunha bolsa de deporte a mil metros de profundidade e canda outra bolsa baleira. A prioridade é hoxe atopar a Anna e o seu pai Tomás Gimeno que , polo momento, e segundo o auto xudicial do caso segue cualificado como fuxitivo e non se desbota que estea vivo.

No buque, que traballará polo menos ata o próximo xoves, viaxa un axente da Unidade Orgánica da Policía Xudicial por se fose necesario realizar o levantamento dalgún cadáver.

Parello aos labores de busca a Fiscalía Provincial ds Palmas abriu unha investigación o párroco Fernando Báez Santana por culpar a nai das pequenas a través das redes sociais dos asasinatos de Anna e Olivia. Manifestacións que xa foron condenadas polo Bispado de Canarias e o goberno insular.

Tamén este luns e tamén para non engadir máis confusión, os forenses pediron 'prudencia extrema' sobre o informe preliminar da autopsia de Olivia. O edema agudo de pulmón, advirten, pode corresponder a multitude de causas de morte.

E no medio da busca e da investigación a nai das pequenas, Beatriz Zimmermann, pide un endurecemento das penas para protexer os menores. Este é último caso de violencia vicaria que se rexistra en España, un tipo de violencia de xénero que utiliza os fillos para maltratar a muller. Con Olivia e Anna a cifra de menores asasinados desde 2013 por esta violencia ascendería a 41.




 

Noticias web

14/06/2021