CRTVG

Buscar

O Ángeles Alvariño continuará buscando o corpo de Anna e o seu presunto asasino cando reparen unha avaría

Publicado o 12/06/2021 14:56

O Ángeles Alvariño, que continuará o tempo que o precise a investigación máis aló do luns, que era o día previsto do seu regreso a Vigo, parou esta mañá por motivos técnicos. É xa estraña velo amarrado. Levaba trece días seguidos traballando sen volver a porto. E en canto se solventen esos problemas o oceanográfico volverá ao mar para seguir buscando os dous corpos, o de Anna e o de Tomás Gimeno.

Continuará divindo o fondo do mar en cuadrículas para non deixar nin un só metro sen inspeccionar.

Despois da confirmación polas pegadas dactilares de que o corpo atopado a mil metros de profundidade era o de Olivia, continúa a autopsia no Instituto Anatómico Forense de Canarias para determinar a causa da morte. En tres días os resultados dunha análise toxicolóxica revelaran se a nena de seis anos foi ou non sedada. O cadáver estaba nunha bolsa de deportes de lona lastrada coa áncora do barco do pai. A mil metros de profundidade, a pesares da salinidade, a baixa temperatuta conservouno ben.

O teléfono do presunto asasino perdeu o sinal despois de falar coa ex-muller, xusto cando a investigación pensa que se suicidou tirándose ao mar lastrado por un cinto de chumbo de oito quilos que os axentes botaron de menos entre os apeiros do mar do pai das nenas. O estudo desa chamada polos inxeñeiros de elite da Garda Civil determinou unha área abarcable na que puidera estar o seu corpo

Máis complicado pode ser dar co de Anna, que segundo a investigación puido ter estado na bolsa aberta que se atopou a carón da que contiña a Olivia.

 

Noticias web

12/06/2021