CRTVG

Buscar

O Ángeles Alvariño, con base en Vigo, está a ser clave na busca de Anna e Olivia

Publicado o 11/06/2021 17:21

O buque oceanográfico Ángeles Alvariño, con base en Vigo dende a súa construcións hai nove anos, está a ser clave na busca das nenas Anna e Olivia. Leva traballando na zona dende que todas as sospeitas da Garda Civil se centraron no fondo mariño.

Ten un robot submarino, non tripulado, capaz de manobrar a 2.000 metros de profundidade. E de feito hai días xa atopara unha bombona de mergullo e unha funda nórdica do pai das nenas. Finalmente, tamén confirmou a peor das noticias, cando deron co primeiro dos corpos.

Ademais, conta con sete cámaras e un sonar que usa as ondas baixo o mar para obter imaxes. O Ángeles Alvariño leva a bordo unha ducia de tripulantes que, de momento, seguen traballando na procura da outra nena e do pai.

Noticias web

11/06/2021