O neno lobo reside nunha aldea ourensá axudado por un grupo ecoloxista
Viviu durante 12 anos só entre lobos. A súa incorporación á sociedade estivo chea de enganos e malas experiencias. Agora con máis de setenta anos, Marcos Rodríguez Pantoja, máis coñecido como o neno lobo de Serra Morena, reside nunha pequena aldea ourensá onde conseguiu reconciliarse co xénero humano, grazas á solidaridedade daqueles que lle axudaron a arranxar a súa casa.
Domina a linguaxe dos lobos á perfección. Son a familia que tivo. O seu pai vendeuno e con só sete anos o cabreiro ao que axudaba morreu quedando só en Serra Morena, ata que o adoptou unha loba. Con 19 anos é atopado pola Garda Civil. Comeza entón un periplo polo mundo dos humanos, do que non garda bo recordo.
Chegou da Galicia da man dunha desas boas persoas. E agora son outros, un colectivo ecoloxista, o que o están a axudar. Valores dun mundo ao que este neno lobo segue a botar de menos medio século despois.