CRTVG

Buscar

O Índice de Prezos Industriais rexistra a maior suba dende 1983, o 15,4 %

Publicado o 26/07/2021 16:24
O Índice de Prezos Industriais rexistra a maior suba dende 1983, o 15,4 %

Os prezos industriais seguen á alza. En xuño subiron algo máis de dúas décimas e deixaron a taxa interanual no 15,7 por cento, a maior suba dende outubro de 1983, segundo o Índice de Prezos Industriais que hoxe fixo público o Instituto Nacional de Estatística. En Galicia subiu ata o 14,7 por cento, encadeando un período de catro meses consecutivos á alza.

Estes datos, que miden os prezos dos productos nada máis saír da fábrica, reflicten a reactivación progresiva da actividade industrial logo da pandemia. Os sectores que máis tiraron dos prezos foron a enerxía eléctrica e os bens intermedios.

Noticias web

26/07/2021