CRTVG

Buscar

O naval de Vigo maniféstase polo seu futuro convocado por Comisións Obreiras

Publicado o 22/07/2021 12:22

En Vigo, o naval volverá saír a rúa esta mañá. Reclaman unha solución para Barreras e a antiga factoría Vulcano. Salvar o sector naval de Vigo e comarca, afectado por unha profunda crise que podería supoñer a fin duns cantos estaleiros, é o obxectivo de CCOO, que convocou esta folga na que lle gustaría contar co resto de sindicatos.

"A situación é extremadamente grave", dixo no Bos Días Ramón Sarmiento, delegado sindical en Barreras. "Sería desexable que houbese unidade na mobilización, pero nós tomamos a inciativa", asegurou. "Queremos ser os protagonistas da solución, porque o que non somos é os culpables do que está pasando nas nosas empresas". 

Barreras acumula un pasivo de máis de 50 millóns de euros e está en situación de creba técnica, e por iso a partir do 5 de agosto 142 traballadores entrarán en ERTE. 

 

Noticias web

22/07/2021