O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña exhibe o primeiro simulador de voo
Publicado o 13/06/2019 13:57
Dende hoxe o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña conta cun nova peza. É o Link Trainer, o primeiro simulador comercial de voo do mundo, creado en 1940. O aparello converteuse nunha ferramenta imprescindible para formar os pilotos durante a segunda guerra mundial.
Calcúlase que máis de 500.000 aviadores comezaron a súa formación con el. Agora foi cedido polo Museo de Aeronáutica de Madrid, e poderá visitarse na Coruña ata o 2020.