CRTVG

Buscar

O Museo MOCA busca vídeos particulares en soportes obsoletos para recuperar e preservar a memoria popular

Publicado o 03/09/2021 22:01

Moita xente almacena na casa recordos gravados en soportes que quedaron obsoletos. Unha campaña que ten en marcha o Museo de Cine On Line Autobiográfico ofrece a posibilidade de dixitalizar de balde ese material a cambio de que os seus propietarios cedan unha copia das imaxes. O obxectivo é recuperar e preservar a memoria popular .

Son moitas as cintas domésticas que viven abandonadas e cheas de po nos rochos das casas. Gardan recordos familiares de vodas, de vacacións pero tamén momentos históricos. Son algunhas das que xa manexan no Museo de Cine Online Autobiográfico na campaña que emprenderon. Buscan os propietarios de imaxes en antigos soportes que queiran dixitalizalas a cambio de ceder unha copia ao museo

Queren reivindicar o cine como medio para contar historias e construír a memoria colectiva. Poñer en valor este patrimonio cultural, compartilo e difundilo son os obxectivos  

Se teñen este tipo de material na casa, están a tempo de recuperalo e compartilo ata o día quince de setembro.

Noticias web

03/09/2021