CRTVG

Buscar

O Museo do Reloxo de Ponteareas conta con 400 pezas

Publicado o 28/05/2021 13:47

Hainos desmontables, coas horas de varios continentes, náuticos, de pé ou de parede, así ata catrocentos entre o museo e o taller que ten Xosé Hixinio, Secho. Profesor de autoescola, é reloxeiro afeccionado, unha tradición de tres xeracións na súa familia e que xa está a transmitir aos seus netos. Para el é como unha droga.

Agora que moitos non levan reloxo, Secho considera que é un reloxo de pulso mecánico é unha máquina perfecta. E así pasa as horas Xosé Hixinio que conta cun colaborador, Sebastián Merino. Entre ambos os dous están poñendo en hora todos os reloxos de torre de Ponteareas e aínda lles queda corda para tempo.

Noticias web

28/05/2021