O museo de Pontevedra devolverá dous cadros que foran roubados polos nazis
Unha princesa polaca e mailo seu home ocultaron hai 80 anos as obras da súa valiosa colección de arte. Pero os nazis atopáronas e quedaron coas máis valiosas porque xa invadiran Polonia.
Nós invadimos o taller de restauración do Museo de Pontevedra e podemos contemplar dúas desas obras expoliadas.
Engaiolantes pinturas relixiosas do século XV.
E neste marzo pasado o ministerio de Cultura polaco púxose en contacto co museo para preguntar por estas obras.
Entón aquí puxéronse a investigar inmediatamente a procedencia dos cadros cun fin concreto.
Nos anos 70, un benefactor do museo adquiriu en galerías de Madrid ou Barcelona estas obras que nos anos 90 acabou comprando o propio museo. Agora queda confirmar por completo que as roubaran os nazis e mandalas de voilta a Polonia.
Antes de devolvelas, farán con elas unha exposición para lembrarlle á xente os espolios de arte nas guerras. 63.000 obras roubaron en Polonia os nazis na súa curiosa relación coa arte.