O mozo desaparecido no Miño pediu axuda ao pouco de comezar o tríatlon
Publicado o 03/09/2019 11:10
Os equipos españois e portugueses retomaron a busca en ambas as dúas beiras do río Miño . O desaparecido é un mozo de vinte e catro anos natural da localidade portuguesa de Barcelos que participaba por primeira vez na proba deportiva. Os participantes tiñan que nadar unha distancia de setecentos cincuenta metros, o mozo pediu axuda ao pouco de comezar a competición pero afundiuse antes de que puideran asistilo.
O perímetro de rastrexo no río céntrase entre o municipio de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, a zona en que transcorría a proba a nado do tríatlon.