O motor, o téxtil e a pesca respiran aliviados tras o acordo do 'brexit'
O motor, o téxtil, a pesca respiran aliviados. O pacto do brexit dálles osíxeno a máis de 500 empresas galegas que teñen relacións comerciais co Reino Unido. Esquivan os danos dunha saída abrupta. E é que Galicia exporta por valor de 1.600 millóns de euros.
O acordo ofrece un tempo extra para as empresas galegas con relacións comerciais co país británico. O da pesca, é un dos sectores satisfeito coa apertura dun periodo de transición ata o 31 de decembro do próximo ano. As augas británicas do Gran Sol e Maldivas son un dos principais caladoiros da flota galega que poderá seguir faenando un ano máis.
Tamén agradece o balón de oxíseno deste acordo a automoción, unha das industrias máis afectadas na nosa comunidade que exporta vehículos por un valor de case cincocentos millóns de euros ao ano ao país británico.
Moitas das beneficiadas deste a acordo tamén son as pequenas e medianas firmas. En total cincocentoas duas empresas galegas exportaron o ano pasado productos ao Reino Unido por valor de máis de mil seiscentos millóns de euros.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, valora positivamente o acordo acadado nas últimas horas entre o Reino Unido e a Unión Europea para o brexit.