O Monte do Gozo renóvase para recibir os peregrinos do dobre Ano Santo
As praias son un dos nosos reclamos turísticos, como é o Camiño de Santiago, que estrea instalacións para recibir os peregrinos deste Xacobeo 2021-2022. As instalacións do Monte de Gozo, inauguradas no 89 para recibir o Papa, modernízanse para este dobre Ano Santo. Ofrecerá dende mañá mil prazas de albergue, novo restaurante e auditorio reformado para 43.000 persoas. As súas bancadas poderían acoller en xullo os primeiros concertos multitudinarios pospandemia. A Xunta investiu na rehabilitación do Monte do Gozo case 8 millóns de euros.
"Hai unha Galicia que quere ser protagonista na súa festa. Estamos en condicións de ofrecerlles aos peregrinos un Camiño para todos, máis inclusivo, máis accesible, máis sustentablem, e, sobre todo un destino seguro. Galicia é un dos destinos máis seguros de Europa", afirmou Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.