CRTVG

Buscar

O Monte do Gozo celebra o festival Go!Go!Zo!, con música en galego para toda a familia

Publicado o 31/08/2021 22:33
O Monte do Gozo celebra o festival Go!Go!Zo!, con música en galego para toda a familia

A música en galego chega este venres ao festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22.  E faino da man de Saya DJ e da artista Mounqup. Francesa de nacemento e galega de adopción, a súa música caracterízase por mesturar o jazz, o folk e os ritmos electrónicos.

O concerto será ás dez e media da noite. As entradas son de balde, pero os interesados en asistir deben reservalas antes na web do festival. O Go!Go!Zo! é un festival que busca a posta en valor das bandas e artistas de Galicia. 

Noticias web

31/08/2021