O Miudiño volveu soar con forza no Sar e empurrou a Obradoiro á vitoria co Fuenlabrada (93-81)
O Miudiño volveu soar con forza no Sar. Por vez primeira en moito tempo todos os socios puideron asistir ao partido e o seu apoio notouse dende o primeiro momento. O Obradoiro saíu moi enchufado e deseguida comezou a abrir oco no marcador liderado por un gran Birutis, decisivo nas dúas pinturas. Ao descanso gañaban por 20 os composteláns 51-31.
No segundo tempo apareceu unha certa relaxación no Obradoiro, lóxica tendo en conta o marcador e que o Fuenlabrada non deu sinais de reacción ata os derradeiros dez minutos. Venceron ese cuarto e deixaron a diferenza, que chegou a ser de máis 29 para os galegos, en 12: 93-81.
Robertson, con 21 puntos, foi o máximo anotador do Obradoiro. O MVP do partido, e quen sabe se da xornada, recaeu en Birutis: 20 puntos, 12 rebotes e 4 tapóns para un total de 30 de valoración.
Dous partidos no Sar esta temporada e dúas vitorias, a Caldeira vai ser chave para acadar o título da permanencia unha temporada máis.