O MIT de Ribadavia resiste a pandemia e celebra unha edición especial
Contan que a deste ano é unha edición especial da MIT pola cantidade de emocións que se acumulan, a dos artistas que viron cómo a mostra era quen de sair adiante malia as dificualtades, pola gran resposta do público, e porque din todo está aínda a flor de pel. O que non cambia é a calidade do seu programa.
E non o fixo. Este días pasan por Ribadavia ducias de espectáculos dan man de compañías como Ibuprofeno Teatro, La Macana , Ainé Produccións, Azkona y Tolosa, Marelas Teatro... así ata 24. E con espectáculos de balde cada día.
Recuperan ademais obras adiadas ou canceladas pola pandemia, grandes produccións do teatro galego e todo en espazos nos que a seguridade prima por encima de todo.
Quedan días para gozar de todo o que a ofrece esta mostra de teatro de Ribadavia: hai representacións, sesións vermú, presentacións de libros. Unha chea de propostas para lembrar que o teatro segue vivo en Ribadavia.