CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade abriu unha investigación a un hospital valenciano que administrou as segundas doses de AstraZeneca

Publicado o 13/05/2021 08:21
O Ministerio de Sanidade abriu unha investigación a un hospital valenciano que administrou as segundas doses de AstraZeneca

 A ministra confirmou que se está investigando se este hospital privado de Valencia incumpriu o protocolo e inoculou ao seu persoal menor de 60 anos a segunda dose de AstraZeneca, contravindo as indicacións da Comisión de Saúde Pública. Desde o centro din que se cumpriu coa ficha técnica, que levaban tempo preguntando que facer coas doses gardadas na neveira e que non obtiveran resposta. A consellería de Sanidade está estudando que medidas tomar.

Noticias web

13/05/2021