CRTVG

Buscar

O ministro de Xustiza pide ver os indultos "con naturalidade"

Publicado o 24/05/2021 15:14

Sobre os indultos dos presos do 'procés', o Goberno podería tomar unha decisión no verán. O executivo recibirá nos próximos días o expediente completo do Tribunal Supremo, que previsiblemente será desfavorable á concesión desta medida de graza, unha posición que comparte a Fiscalía. Pero o Goberno inclínase por conceder os indultos, malia que o ministro de Xustiza anticipaba hoxe que pode haber resolucións dispares para os presos independentistas, condenados a entre 9 e 13 anos de cárcere por sedición e malversación. Juan Carlos Campo pide ver os indultos "con naturalidade".

Noticias web

24/05/2021