O ministro de Xustiza defende que o Supremo unifique criterios sobre as restricións
Publicado o 07/05/2021 14:33
O Goberno responde ás críticas dos técnicos do Supremo sobre o decreto que deixa nas súas mans a decisión última sobre as restricións que aproben as comunidades.
O ministro de Xustiza di que é totalmente constitucional e que habilita o Supremo para unificar criterios, o que sempre se pedía dende distintos ámbitos. E tamén aclara que o que decida o Alto Tribunal será de obrigado cumprimento para todas as comunidades.
Tamén entrou no debate a vicepresidenta primeira. Carmen Calvo pide colaboración dende todas as instancias para que España avance e non entrar en debates estériles.