CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra 25 mortes nos últimos sete días e os novos contaxios soben a 76

Publicado o 16/06/2020 17:09
O Ministerio rexistra 25 mortes nos últimos sete días e os novos contaxios soben a 76

O Ministerio de Sanidade informou este martes de 25 falecementos no últimos sete días, deixando a cifra total en 27.136, o mesmo número notificado nos últimos días. A serie de falecidos segue conxelada un día máis, á espera de que as comunidades autónomas e o Ministerio completen a serie coa data de defunción de todas as mortes.

Dos 25 novos decesos incorporados hoxe:

Andalucía 1

Aragón 1

Asturias 3

Canarias 1

Castela-A Mancha 2

Castela e León 3

Cataluña 3

Comunidade Valenciana 1

Estremadura 1

Madrid 7

País Vasco 2

Nas últimas 24 horas, diagnosticáronse 76 novos positivos, un aumento de case o dobre fronte aos contaxios detectados onte, 40. Ata 782 persoas iniciaron síntomas de COVID-19 nas pasadas dúas semanas, das que 171 no últimos sete días. Desta forma, xa se identificaron 244.328 casos desde o inicio da pandemia.

Os 76 novos contagios distribúense da seguinte maneira: 

Andalucía 2

Aragón 2

Asturias 1

Baleares 3

Canarias 1

Cantabria 2

Castela-A Mancha 1

Castela e León 2

Cataluña 14

Estremadura 2

Galicia 1

Madrid 42

Navarra 1

País Vasco 2 

Tamén se produciron 86 hospitalizacións (124.683 en total): sete en Andalucía, catro en Aragón, tres en Baleares, dúas en Cantabria, oito en Castela-A Mancha, once en Castela e León, nove en Cataluña, dúas na Comunidade Valenciana, dúas en Galicia, 30 en Madrid, unha en Melilla, dúas en Navarra, catro en País Vasco e unha na Rioxa.

Hai seis ingresos en Unidades de Coidados Intensivos (11.624 en total) no últimos sete días: un en Castela-A Mancha, dous en Cataluña, un en Comunidade Valenciana e dous en Madrid.