CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra 12.423 novos casos de covid-19 e 126 novas mortes

Publicado o 08/10/2020 18:39

O Ministerio de Sanidade notificou este xoves 12.423 casos de covid-19, dos que 5.585 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 5.075 rexistrados o mércores, situándose a cifra global de persoas infectadas por coronavirus ás 848.324.

Respecto aos falecidos, o departamento que dirixe Salvador Illa rexistrou este xoves 126 máis, e 421 na última semana.

Isto fai que a cifra global de mortos por coronavirus en España se eleve ás 32.688 persoas.

Actualmente hai 10.645 pacientes ingresados por covid-19 en toda España e 1.585 nunha UCI. Nas últimas 24 horas producíronse 1.262 ingresos e 1.176 altas.

A taxa de camas ocupadas por coronavirus sitúase xa no 8,95% e nas UCI no 18,04%.