O ministerio rexistra 11.291 novos casos de covid−19 e 62 mortes máis
Publicado o 17/09/2020 18:47

O Ministerio de Sanidade rexistrou este xoves 11.291 casos da covid−19, dos cales 4.541 foron diagnosticados nas últimas 24 horas; con iso, elévase a cifra global de persoas infectadas por coronavirus a 625.651.
O departamento que dirixe Salvador Illa rexistrou este xoves 162 falecidos máis, 419 na última semana. Isto fai que a cifra global de falecidos pola covid−19 en España sexa xa de 30.405 persoas.
Actualmente hai 10.003 pacientes ingresados en toda España e 1.331 nunha UCI.
A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase xa no 8,6 por cento.