CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 8.115 casos da covid-19, 2.731 nas últimas 24 horas

Publicado o 01/09/2020 18:48
O Ministerio notifica 8.115 casos da covid-19, 2.731 nas últimas 24 horas

O Ministerio de Sanidade rexistrou 8.115 casos de covid-19, dos cales 2.731 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, en comparación cos 2.489 do luns.

Desta forma, en total xa se diagnosticaron de covid-19 470.973 persoas en España.

Por outra banda, produciuse un aumento no número de mortes na última semana, pasando das 141 rexistradas o venres ás 159 de hoxe.

Un total de 29.152 persoas faleceron con Covid-19 en España con proba positiva confirmada.

Ademais, nos últimos sete días rexistráronse 1.761 ingresos hospitalarios (134.693 desde que o virus chegou a España) e 132 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), sendo 12.345 as persoas que foron ingresadas nestas unidades desde que comezou a pandemia.