CRTVG

Buscar

O Ministerio notifica 6.671 novos contaxios, 3.715 nas últimas 24 horas

Publicado o 19/08/2020 17:25
O Ministerio notifica 6.671 novos contaxios, 3.715 nas últimas 24 horas

O Ministerio de Sanidade informou este mércores de 3.715 novos casos da covid-19 no último día en España, o que supón arredor de 1.600 máis ca os notificados onte (2.128). Trátase da cifra máis alta desde finais de maio.

Ademais, o informe engadiu case 6.000 positivos desde o inicio da pandemia, para un total de 370.867, en comparación cos 364.196 de onte.

Ademais dóbranse as mortes. Ata 131 persoas faleceron con proba de covid-19 positiva confirmada na última semana, fronte aos 63 rexistrados por Sanidade no informe do martes.

Un total de 28.797 persoas morreron con coronavirus desde que o virus chegou a España, segundo as cifras oficiais.

No últimos sete días producíronse 1.336 ingresos hospitalarios (130.478 no cómputo global da pandemia) e 84 en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), con 12.027 en total.