O Ministerio incorpora 25.595 novos casos, 9.723 diagnosticados nas últimas 24 horas

O Ministerio de Sanidade incorporou este venres 25.595 novos casos de covid, deles 9.723 foron diagnosticados nas últimas 24 horas. Con estes datos, a cifra total de contaxios ascende en España a 1.185.678 de casos.
Nos últimos 7 días faleceron 857 persoas con diagnóstico de positivo, neste senso apréciase un incremento, con respecto aos 655 notificados o venres pasado ou aos 790 deste xoves. En total, 35.878 persoas con PCR positiva perderon a vida dende o inicio da pandemia.
Por outra banda, rexístrase unha incidencia acumulada nos últimos 14 días de 485 casos por cada 100.000 habitantes.
No tocante a hospitalizacións, hai 18.162 pacientes ingresados por COVID-19 en toda España e 2.482 na UCI. Nas últimas horas ingresaron 2.296 pesoas nos hospitais e producíronse 1.821 altas. Con esta actualización, a taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 14,73%, e 26,59 % no caso das UCI.