O Ministerio de Turismo lanza o Plan Nacional Xacobeo 2021-2022

A ministra de Industria, Comercio e Turismo anuncia un plan para "unir os camiños de Santiago e xerar un produto turístico único". O obxectivo, asegura, é "contribuír á cohesión territorial, á desestacionalización e a potenciar a Marca España".
Reyes Maroto presidiu a xuntanza preparatoria deste Plan Nacional Xacobeo 2021-2022 na que participaron o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, e representantes das comunidades autónomas.
Segundo a ministra, o proxecto pretende "reforzar o desenvolvemento e consolidación do produto turístico Xacobeo dende unha perspectiva de sostibilidade, inclusión, dixitalización, calidade e seguridade".
Ademais, aspira a "unir territorios e persoas que estarán conectadas por unha experiencia única de reencontro persoal e tamén coa riqueza patrimonial, histórica e cultural do noso país", subliña Maroto nun comunicado.
O ministerio de Turismo lanza o Plan Nacional Xacobeo 2021-2022
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, anuncia un plan para “unir os camiños de Santiago e xerar un produto turístico único”. O obxectivo, asegura, é “contribuír á cohesión territorial, á desestacionalización e a potenciar a Marca España”.
Reyes Maroto presidiu a xuntanza preparatoria deste Plan Nacional Xacobeo 2021-2022 na que participaron o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, e representantes das comunidades autónomas.
Segundo a ministra, o proxecto pretende “reforzar o desenvolvemento e consolidación do produto turístico Xacobeo dende unha perspectiva de sostibilidade, inclusión, dixitalización, calidade e seguridade”.
Ademais, aspira a “unir territorios e persoas que estarán conectadas por unha experiencia única de reencontro persoal e tamén coa riqueza patrimonial, histórica e cultural do noso país”, asegura.