CRTVG

Buscar

O Ministerio de Transportes prevé reabrir o túnel da Cañiza na A-52 o 30 de abril

Publicado o 22/04/2021 08:12
O Ministerio de Transportes prevé reabrir o túnel da Cañiza na A-52 o 30 de abril

Adiántase a reapertura do túnel da Cañiza. Segundo o Faro de Vigo, o secretario de infraestruturas do Ministerio de Transportes transmitiulle ao alcalde de Vigo Abel Caballero que o túnel volverá abrirse o próximo 30 de abril.

Este treito da autovía das Rías Baixas en dirección a Ourense está pechado desde que ardeu un camión dentro do túnel, a finais de xaneiro.

Noticias web

22/04/2021