CRTVG

Buscar

O Ministerio de Traballo sofre un segundo ciberataque en tres meses

Publicado o 09/06/2021 13:27
O Ministerio de Traballo sofre un segundo ciberataque en tres meses

O Ministerio de Traballo sufriu un novo ciberataque este mércores, case tres meses despois de que o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), organismo adscrito ao departamento, padecera outro contratempo deste tipo.

Segundo confirmaron fontes da administración, un grupo técnico reuniuse con colegas do Centro Criptográfico Nacional, dependente do CNI, para pescudar a orixe do ataque e restablecer a actividade canto antes.

Tras constatar que se trata dunha ofensiva informática, o equipo estableceu os cortalumes correspondentes, coa fin de evitar máis danos. Arestora, avalía o alcance da agresión, aínda que, segundo os primeiros datos, semella menor que o rexistrado a mediados de marzo.

Naquela ocasión, o ataque paralizou durante varios días a actividade presencial e electrónica do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Segundo datos do sindicato CSIF, o virus afectou os ordenadores das máis de 700 oficinas de todo o país.