CRTVG

Buscar

O Ministerio de Traballo quere crear unha prestación única de desemprego de 452 euros ao mes

Publicado o 10/05/2021 08:46
O Ministerio de Traballo quere crear unha prestación única de desemprego de 452 euros ao mes

O Ministerio de Traballo quere crear unha única prestación por desemprego de 452 euros ao mes. Así se recolle no Plan de Transformación, Recuperación e Resiliencia remitido polo Goberno a Bruxelas.

É unha nova prestación que integraría todas as existentes. Será complementaria da protección contributiva e entraría en vigor a partir de 2022.