O Ministerio de Traballo propón a prórroga automática dos ERE ata o 31 de decembro
Publicado o 13/09/2020 15:07
Nova de interese para os que estean afectados por un ERTE. O Ministerio de Traballo propón prorrogar automáticamente os expedientes de regulación de emprego ata o 31 de decembro e limitar os de forza maior a empresas dunha serie de actividades económicas especialmente afectadas e a negocios que dependan destas.
Segundo figura no borrador que Traballo lles presentou aos axentes sociais, mantense a prohibición de despedir tras os ERTE ata finais de ano.