CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz avisa o Banco de España que "non se vai abaratar o despedimento"

Publicado o 14/05/2021 10:32

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, asegurou que o Executivo "non vai abaratar o despedimento" despois de que o Banco de España se amosara favorable á denominada "mochila austríaca".

A formulación do organismo para corrixir a desigualdade do emprego temporal baséase nun sistema mixto que mesture a rebaixa á metade do custo por despedimento co establecemento dun fondo de capitalización individual nutrido polas empresas. Este último, implantado con axuda do Estado e dos fondos europeos.

"Cada institución ten que abordar as súas competencias", advertiu Díaz en declaracións aos medios antes de asistir ao acto de presentación do libro A estabilidade fiscal en España: Os deberes pendentes, do economista Santiago Lago, nun acto organizado polo Foro Económico de Galicia na Coruña.

Neste sentido, puntualizou que "é competencia do Ministerio de Traballo definir as liñas de actuación no campo do mercado de traballo" e sostivo que o Goberno de España "non contempla esa saída" entre as reformas estruturais enviadas á Comisión Europea.

De feito, concretou que a comisión de expertos de 2013 concluíu que a chamada "mochila austríaca" non é unha fórmula apropiada para España."Non pasa por este Goberno progresista abaratar o despedimento", manifestou "con claridade".

Suliñou que "máis aló dos altos soldos e as retribucións" de membros do Banco de España, "que son moi polémicas", o que "non ten sentido é buscar nunha crise ferramentas que abaraten o despedimento". Ademais, sinalou que "España é dos sitios en que o despedimento é máis barato".

Cartas a BBVA e Caixabank

Ademais, o ministerio de Traballo está a mediar nos Expedientes de Regulación de Emprego do BBVA e de Caixabank. Pídelles por carta ás entidades que "repensen" o despedimento colectivo.

É a primeira vez que o Goberno insta unha empresa a evitar a destrución de empregos. Desde o departamento de Yolanda Díaz enviaron cartas a ambas as dúas entidade para lembrarlles que teñen a obriga legal de explorar fórmulas para evitar ou reducir os despedimentos.

Tamén foron remitidas aos representantes dos traballadores e á Inspección de Traballo. No ministerio din que desde a reforma de 2012 non teñen capacidade para vetar os ERE, pero si poden mandar este tipo de mensaxes para instar as empresas a cumprir.

A formulación do Banco de España para corrixir a desigualdade dos traballadores temporais baséase nun sistema mixto que combine a rebaixa á metade do custo por despedimento co establecemento dun fondo de capitalización individual nutrido polas empresas, pero implantado con axuda do Estado e os fondos europeos.

"Cada institución ten que abordar as súas competencias", advertiu

Díaz en declaracións aos medios antes de asistir ao acto de presentación do libro "A estabilidade fiscal en España: Os deberes pendentes", do economista Santiago Lago, un acto organizado polo Foro Económico de Galicia na Coruña.

Neste sentido, puntualizou que "é competencia do Ministerio de Traballo definir as liñas de actuación no campo do mercado de traballo" e sostivo que o Goberno de España "non contempla esa saída" entre as reformas estruturais enviadas á Comisión Europea.

De feito, concretou que a comisión de expertos de 2013 concluíu

que a chamada "mochila austríaca" non é unha fórmula apropiada para

España."Non pasa por este Goberno progresista abaratar o despedimento",manifestou  "con claridade".

Nese sentido, indicou que "máis aló dos altos soldos e as retribucións" de membros do Banco de España, "que son moi polémicas", o que "non ten sentido é buscar nunha crise ferramentas que abaraten o despedimento". Ademais, sinalou que "España é dos sitios en que o despedimento é máis barato".

Noticias web

14/05/2021